Espazos de Lecer Infantil
Información do servizo de Espazos de Lecer
Información xeral
Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofértanse unha grande variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas. Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo e un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.
Servizos que se ofertan
- Salas para gozar da túa música.
- Libros, cómics e contos.
- Xogos e obradoiros sobre o medio natural ou empregando material de refugallo.
- Xogos de mesa.
- Xogos simbólicos e dramáticos.
- Obradoiros.
- Cine infantil.
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas.
- Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos, e deportivos.
Outros servizos
- Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
- Asesoramento ás nais e pais.
- Préstamo de xoguetes e libros.
- Saídas e excursións.
Documentación requirida
Ao realizar o rexistro solicitaráselle que achegue unha foto do/a neno/a e o número tarxeta sanitaria.
Horarios
Horario en periodo escolar: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
Horario en vacacións escolares: De 8:00 a 15:00 horas.
- En xullo funciona como campamento formando parte do programa Verán Xove.
- O mes de agosto permanecerá pechada.
- Os días 24 e 31 de decembro permanecerán pechadas.
Idades
De 4 a 12 anos.
Prezo
O servizo dos Espazos de Lecer Infantís é gratuíto.
Contacto
Espazo de lecer da Casa da Xuventude
Enderezo: Rúa López Mora 31.
Tfno: 722 573 052
Espazo de lecer do Pavillón de Coia
Enderezo: Pavillón deportivo. Avenida de Castelao s/n.
Tfno: 654 741 207
Correo electrónico: xuventude@vigo.org